O Coro Sarricanta ofrecerá un concerto de Panxoliñas de Nadal na Unión

SarriaXa
A Sociedade Cultural La Unión acollerá o Concerto Panxoliñas de Nadal do Coro Sarricanta o venres, 20 de decembro
Coro-Sarricanta
11 Dec 2024

O Coro Sarricanta, no marco do Programa Móvete 2024 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza unha actividade musical para o vindeiro 20 de decembro.

Desta maneira, a Sociedade Cultural La Unión acollerá o Concerto Panxoliñas de Nadal do Coro Sarricanta o venres, 20 de decembro, a partir das 19.00 horas.

Este evento é aberto a todo o público que queira desfrutar deste concerto e gozar das máis de 30 voces que compoñen o coro e que deleitarán aos asistentes.

⚙ Configurar cookies
0.10603904724121