A Unión acolle o concerto de Panxoliñas de Nadal do Coro Sarricanta

SarriaXa
A Sociedade Cultural La Unión acollerá o Concerto Panxoliñas de Nadal do Coro Sarricanta esta tarde de venres
Coro-Sarricanta
20 Dec 2024

O Coro Sarricanta, no marco do Programa Móvete 2024 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza unha actividade musical para esta tarde de venres, 2o de decembro.

Desta maneira, a Sociedade Cultural La Unión acollerá o Concerto Panxoliñas de Nadal do Coro Sarricanta o venres, 20 de decembro, a partir das 19.00 horas.

Este evento é aberto a todo o público que queira desfrutar deste concerto e gozar das máis de 30 voces que compoñen o coro e que deleitarán aos asistentes.

⚙ Configurar cookies
0.067819833755493