O Coro Sarricanta ofrecerá un concerto en Sarria
SarriaXa
A actuación terá lugar na Igrexa do Rosario e está promovida polo programa Tradigalu da Deputación de Lugo

16 Oct 2025
O Coro Sarricanta actuará este domingo, 19 de outubro, na Igrexa do Rosario de Sarria, a partir das 12.00 horas.
O grupo, con ampla experiencia na difusión da música e da cultura, convida a toda a veciñanza a achegarse e desfrutar dunha interpretación coral cargada de tradición e talento.
Esta actuación realízase grazas ao programa Tradigalu da Deputación de Lugo, que apoia a promoción da música e das iniciativas culturais na provincia.