O curso VIII Contos pintados con Música de Ars Principia ten o prazo de inscrición aberto ata hoxe

SarriaXa
O Concello de Sarria presenta un programa de bolsas para os estudantes de instrumentos de vento da Escola de Música Municipal
Escola-de-musica-Sarria
10 Xul 2024

O Concello de Sarria presenta un programa de bolsas para os estudantes de instrumentos de vento da Escola de Música Municipal de Sarria destinadas a facilitar o acceso ás actividades organizadas pola orquestra Ars Principia, dirixida por profesionais de Ars Combinatoria.

O obxectivo desta iniciativa é promover o estudo e difundir a cultura, polo que todos os nenos e nenas de entre 12 e 18 anos interesados en participar do curso de verán VIII Contos pintados con Música, que será do 21 de xullo ao 3 de agosto, poderán presentar as súas solicitudes enviando un correo a cultura@sarria.gal durante o día de hoxe, 10 de xullo.

Os requisitos son, ademais de ter entre 12 e 18 anos, ter residencia na comarca de Sarria, ser alumno de frauta, oboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta ou percusión da Escola Municipal de Sarria ou integrante da Banda Municipa, de Sarria e cursar últimos cursos na ESMUSA ou acceso a grao profesional.

0.15718984603882