O deportista sarriao Gussy vén de conseguir unha medalla de bronce no Campionato de España de Pool Sénior
Juan Pedro Durán, máis coñecido como Gussy, presidente do Club Billar Snooker Sarria, vén de conseguir a súa cuarta medalla nacional da Real Federación Española de Billar desde a existencia do Club.
Concretamente, Gussy acadou unha medalla de bronce na modalidade de Bola 8 dos Campeonatos de España de Pool Sénior que tivo lugar en Santiago no Club de Billar Teo. Ademais, conseguiu finalizar 9º nas modalidades de Bola 9 e Bola 10.
“Aínda estou centrado na disciplina de snooker e non entreno as demais, aproveito para competir cando se me presenta a oportunidade", subliña o deportista. Ademais, di que estes resultados a nivel nacional “demostran a a regularidade nos últimos meses nas modalidades nas que compito e me animan a seguir adestrando e mellorando nas distintas disciplinas”, sostén Gussy.