O Descenso DH Molinos – Copa de España de DH volve a O Páramo

SarriaXa
Este evento reunirá aos mellores riders do país, que medirán as súas forzas nun circuíto de vértigo cheo de velocidade, técnica e adrenalina
DH-Molinos-2024
8 May 2025

Os montes de O Páramo acollerán do 31 de maio ao 1 de xullo a celebración do Descenso DH Molinos, unha das probas máis espectaculares do calendario e puntuable para a Copa de España de DH.

Este evento reunirá aos mellores riders do país, que medirán as súas forzas nun circuíto de vértigo cheo de velocidade, técnica e adrenalina.

Os participantes enfrontaranse a retos que poñerán á proba as súas habilidades en cada curva e salto, ofrecendo aos asistentes un espectáculo sen igual.

Pero non só o deporte será protagonista, xa que o ambiente, a música e outras actividades farán deste evento unha cita perfecta para disfrutar en familia.

⚙ Configurar cookies
0.14922308921814