O Desfile de Entroido de Sarria repartirá máis de 6.000 euros en premios

SarriaXa
As inscricións están abertas ata o 25 de febreiro ás 23.59 horas e, para participar, deberá cubrirse a ficha de inscrición
Entroido-Sarria-2024-1
17 Feb 2025

O vindeiro domingo 2 de marzo, Sarria acollerá o seu tradicional Desfile de Entroido, unha xornada festiva que encherá as rúias de cor, música e espectáculo, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

O evento contará cun total de 6.050 euros en premios, que se repartirán entre diferentes categorías.

PREMIOS

Na categoría de carrozas, haberá tres premios: o primeiro premio recibirá 800 euros, o segundo premio será de 600 euros e o terceiro premio obterá 300 euros.

Para as comparsas, o primeiro premio está dotado con 800 euros, o segundo con 600 euros, o terceiro con 300 euros e o cuarto con 150 euros.

Na categoría fóra da comarca, haberá premios especiais. A mellor carroza recibirá 450 euros, mentres que na categoría de comparsas, o primeiro premio será de 300 euros e o segundo de 150 euros. Ademais, o mellor participante individual con entre un e tres compoñentes levará un premio de 150 euros.

Para a categoría individual adulto con entre un e tres compoñentes, o primeiro premio será de 150 euros, o segundo premio será de 100 euros e o terceiro premio de 60 euros.

Na categoría individual infantil con entre un e tres compoñentes, o primeiro premio será de 120 euros e o segundo premio de 100 euros.

Tamén haberá un premio especial para a mellor música en vivo, dotado con 200 euros.

ACCÉSITS

O accésit para a mellor agrupación infantil recibirá 250 euros. Esta categoría inclúe carrozas ou comparsas de máis de catro participantes compostas integramente por menores de 16 anos ou con máis do 50% dos membros menores desa idade.

Haberá premios para as comparsas máis animadas. As comparsas con máis de 50 compoñentes poderán gañar 200 euros, mentres que as comparsas de entre 4 e 50 compoñentes optarán a un premio de 150 euros.

Ademais, outorgarase un premio de 60 euros ao participante máis animado e outro de 60 euros para a mellor crítica de actualidade.

As inscricións están abertas ata o 25 de febreiro ás 23.59 horas e para participar, deberá cubrirse a ficha de inscrición e achegar a copia do DNI e o certificado de titularidade da conta bancaria (para o ingreso do premio en caso de gañar).

A documentación pode enviarse por correo electrónico a cultura@sarria.gal, presentarse no rexistro da sede electrónica ou entregarse presencialmente na oficina de rexistro do Concello.

Ademais, realizarase unha reunión previa o 26 de febreiro ás 20.00 horas no Concello para ultimar detalles e organización.

0.16229510307312