O Desfile de Entroido do Concello de Sarria será o vindeiro 2 de marzo
SarriaXa
Este evento festivo acollerá a participación de diferentes colectivos e a participación de comparsas dos centros educativos sarriaos para facer desfrutar a todos os veciños e veciñas

9 Feb 2025
O próximo domingo 2 de marzo, as rúas do Concello de Sarria encheranse de cor e alegría co tradicional Desfile de Entroido, que arrancará ás 17.00 horas desde A Feculera.
O desfile percorrerá as principais rúas do municipio, pasando pola rúa da Liberdade, pola rúa Diego Pazos, e pola rúa Matías López, ata chegar á Praza da Vila, onde rematará o percorrido.
Este evento festivo acollerá a participación de diferentes colectivos e a participación de comparsas dos centros educativos sarriaos para facer desfrutar a todos os veciños e veciñas dunha tarde chea de música, disfraces e un ambiente único de Entroido.