O desfile do entroido sairá da estación do ferrocarril de Sarria
O desfile do Entroido de Sarria retoma a súa celebración despois do paron que se viviu no ano anterior debido á pandemia mundial da Covid 19. Nesta ocasión, o desfile terá lugar hoxe 6 de marzo, xa que o domingo habitual, o 27 de febreiro, tivo lugar o final da Volta Ciclista a Galicia.
O inicio do desfilo darase ás 17.00 horas no barrio da Estación rematando na Praza da Vila onde se fará a entrega dos premios ás 20.00 horas.
No desfile participarán carrozas, comparsas, tríos, parella e individuais. As carrozas o grupo estará formado por un mínimo de tres persoas e levarán consigo unha plataforma ou remolque que sexa capaz de transportar a metade dos membros da agrupación.
Por outra banda, as comparsas, estarán formadas por máis de tres persoas, as categorías infantís deberán contar coa metade de participantes menores de 14 anos.
PREMIOS
Establécense tres premios para as carrozas de adultos, o primeiro de 600 euros, o segundo de 440 euros e o terceiro de 350 euros. As comparsas serán galardoadas cun primeiro premio de 380 euros, un segundo de 320 euros e un terceiro de 300 euros. A categoría de carroza infantil outorgará un primeiro premio de 400 euros e un segundo de 300. As comparsas infantís das asociacións e centros educativos de Sarria contarán cun primeiro premio de 450 euros, un segundo de 360 euros, un terceiro de 240 e un cuarto de 180 euros.
Por outra banda, as comparsas de nenos en xeral serán premiados con 260 euros o primeiro clasificado e 220 euros o segundo. Para aqueles participantes de fóra da comarca de Sarria tamén haberá premio, a mellor carroza terá un premio de 350 euros e a comparsa 220.
Tanto o primeiro posto do trío de adultos como o de menores recibirá un premio de 150 euros, as parellas tanto de adultos coma de nenos terán un premio de 100 euros e aos individuais outorgaráselles un galardón de 60 euros. Por último, a mellor animación contará cun premio de 60 euros.
ENTROIDO 2021
No ano 2021 debido á situación pandémica, o Concello de Sarria organizou un concurso de fotografías do entroido. Desta maneira, os veciños podían obter un vale de 100 euros para gastar nos comercios locais se compartían unha fotografía disfrazado e era seleccionada como unha das 25 mellores.