O deslizador de auga máis grande de Galicia chega a Sarria para refrescar o municipio
SarriaXa
O deslizador de auga máis grande de Galicia chega a Sarria os días 2 e 3 de agosto para refrescar o municipio
29 Xul 2022
Por mor da vaga de calor que volverán a experimentar algúns municipios da comarca lucense a semana que vén, a área de deportes do concello de Sarria preparou unha actividade refrescante para tódolos nenos e os non tan nenos.
Os días 2 e 3 de agosto, de 16.30 a 20.30 horas, na praza da vila montarase o deslizador de auga máis grande de Galicia. 100 metros de lonxitude onde terán cabida moita auga e sobre todo diversión.
Para finalizar os dous días, a partir das 20.00 horas, haberá festa da espuma.