O DHU Vila de Sarria celebrarase os vindeiros 13 e 14 de xullo

SarriaXa
Centos de afeccionados ao ciclismo reuniranse na vila de Sarria para levar a cabo o descenso desde a parte máis alta á máis baixa
David-DHU-Vila-de-Sarria
7 Xuño 2024

Os organizadores do DHU Vila de Sarria, do DHG Team, anuncian as datas de celebración da XI edición deste evento deportivo que acollerá, un ano máis, a centos de afeccionados ao ciclismo na vila sarriá. Estes días serán o 13 e 14 de xullo.

Concretamente, esta iniciativa consiste en descender desde a parte alta da vila á parte máis baixa, sorteando obstáculos con saltos de máis de 10 metros e 120 módulos de madeira, "que son os que fan que o circuíto sexa un espectáculo", defendeu David Gómez, director do DHG Team.

Este ano espérase unha participación similar ao do ano anterior, polo que haberá arredor de 200 participantes e outra das particularidades do evento é que ademais de adultos, tamén participan nenos e rapaces nun descenso miniurbano.

0.19644808769226