O DHU Vila de Sarria chega ao municipio na modalidade para adultos e nenos
O Descenso Urbano Vila de Sarria (DHU) chega esta fin de semana ao municipio grazas ao club de ciclismo DH. Poderase competir en dúas disciplinas: a dos cativos e a dos adultos. O patrocinador do evento é o concello de Sarria.
PROGRAMA
Sábado 30 de xullo, Mini DHU Vila de Sarria: os adestramentos terán lugar de 9.30 a 11.00 horas, a carreira será ás 11.15 horas e a entrega de premios ás 14.00 horas.
Ese mesmo día pola tarde, será a quenda da disciplina DHU Vila de Sarria DHGTEAM. BTT Descenso, que comezará cos adestramentos de 17.00 a 21.00 horas.
O domingo 31 de xullo haberá máis adestramentos pola maña, de 10.00 a 14.00 horas, a primeira manga disputarase ás 16.00 horas, a segunda ás 17.30 horas o peche da carreira será ás 18.30 horas. A posterior entrega de premios e o sorteo de regalos, terá lugar ás 19.00 horas.
DISCIPLINAS
O Descenso Urbano Vila de Sarria ( DHU) nace en 2012 grazas ao esforzo do club de ciclismo DH. Galicia ( dhgteam) e á colaboración dos patrocinadores a Deputación de Lugo e o Concello de Sarria.
9 edicións consecutivas disputadas durante a época de verán (xullo e agosto), a cal fan que exista unha gran afluencia de público e corredores na Vila de Sarria (Lugo) en parte por ser a porta de entrada ao Camiño Francés, onde cada día centos de peregrinos empezan a súa viaxe a Santiago. Ademais de ser un dos puntos galegos que conta con maior número de servizos para a acollida de turismo, posúe un rico patrimonio artístico e unha variada gastronomía que o converte no emprazamento ideal para levar a cabo esta iniciativa. O circuíto transcorre desde o punto máis alto da cidade (o campo da feira) cruzando o centro histórico polo roteiro xacobeo ata o Paseo do Malecón, finalizando este en unha illa fluvial en pleno centro.
Por tratarse dun circuíto con máis de 100 módulos de madeira de características únicas a nivel nacional (saltos sobrevoando un camión ou coches, cortados desde o tellado dunha casa ou desde unha ponte que cruza un río, descenso sobre unha escalinata de pedra ou wallrides) é considerado o mellor descenso de España por moitos deportistas, público e prensa.
Dous días de moita adrenalina e espectáculo fan que se converta nun evento que non defrauda, recentemente foi premiado na gala Ciclismo Galego ́17 pola Federación Galega de Ciclismo como Mellor Evento Deportivo.
Dentro do mesmo programa, o DHU Vila de Sarria, ten cabida tamén un circuito especial adicado aos máis cativos cun formato urbán que consta de estructuras de madeira de diferentes formas ( dubbies, miniescaleiras, minisaltos con meseta e recepción), pero iso si, con toda a seguridade dentro da dificultade técnica razonable para un neno.
O circuito é acorde ás condicións naturais dos participantes, sen excesivas pendentes nin perigos para a integridade dos participantes. Dentro da inscripción da proba contarase cun avituallamento líquido e sólido na meta e un seguro federativo e de accidente. Haberá trofeos para os vencedores por modalidades e premios de regalo.
O evento será retransmitido nunha pantalla xigante con cámaras por todo o cirucuíto.