O Día das Letras Galegas celebrouse en Sarria con diferentes actuacións en La Unión
SarriaXa
Durante o festival, houbo poesía, teatro e música para todas as que quixeron achegarse a desfrutar da iniciativa
A Banda de Música de Sarria e a de Paradela en La Unión - foto de Carmen José López
18 May 2024
La Unión de Sarria acolleu o Festival das Letras Galegas, organizado polo Coro Sarricanta para conmemorar o día da lingua galega, dedicado este ano a Luísa Villalta.
Durante o festival, houbo poesía, teatro e música para todas as que quixeron achegarse a desfrutar da iniciativa, que tivo como obxectivo homenaxear a lingua galega.
Así, actuou o grupo de teatro Rebuldeira Teatro, os Cantareiros de La Unión, Dani Arias coa súa gaita e as Bandas de Música de Sarria e de Paradela, que interpretaron conxuntamente o repertorio en conmemoración do 150 aniversario desta última.