O director xeral de Maiores e Atención Sanitaria visitou a Residencia de Maiores do Incio
SarriaXa
O director xeral de Maiores e Atención Sanitaria visitou a Residencia de Maiores do Incio acompañado por Javier Arias
3 Maio 2023
A Residencia de Maiores Fundación San Rosendo do Incio acolleu a visita do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo.
Nesta visita, tanto Acevedo como o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, tiveron a ocasión de conversar co equipo directivo e profesionais do centro, así como con residentes.
Así, visitaron as instalacións para comprobar o estado no que se atopan, así como trasladarlle a equipo humano e pacientes a vontade do goberno local por seguir mellorando a súa calidade de vida.