O DJ David Expósito actuará no magosto de Eirexalba do Incio o vindeiro 4 de novembro

SarriaXa
A Asociación Os Fanagueiros do Incio organiza unha actividade de magosto na parroquia de Eirexalba para todos os veciños e veciñas.
Os Fanagueiros magosto
28 Out 2023

A Asociación Os Fanagueiros do Incio organiza unha actividade de magosto na parroquia de Eirexalba para todos os veciños e veciñas.

Así, o vindeiro 4 de novembro ás 14.00 horas os cidadáns da parroquia e do municipio están convidados a a desfrutar dunha comida conxunta co servizo de bar e polbeira, así como haberá castañas e queimada gratis.

Ademais, as persoas que se acheguen a desfrutar desta actividade, tamén contarán coa música propia dunha festa da man do dj David Expósito, que amenizará a tarde.

0.11531615257263