O documental 'A Poeta Analfabeta', o sábado en Sarria

SarriaXa
O filme A poeta analfabeta, sobre a escritora e activista Luz Fandiño, proxectarase o venres en La Unión
a poeta analfabeta cartel xeral 1
18 Maio 2022

O filme A poeta analfabeta, sobre a escritora e activista Luz Fandiño, proxectarase este sábado a partires das 19.00 horas na Sociedade Cultural e Recreativa La Unión de Sarria dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación e que chega a Sarria gracias á colaboración do Cineclube Leslie Nielsen  e a Sociedade Recreativa La Unión.

Trátase da terceira proxección programada neste circuíto, que contempla a exhibición dos oito filmes finalistas dos Premios Mestre Mateo nas categorías de mellor longametraxe documental e mellor longametraxe de ficción, despois de que os veciños e veciñas de Sarria poideran xa disfrutar coa proxección de O gran camiño e A Virxe rota.  

A POETA ANALFABETA

O documental, dirixido por Sonia Méndez e producido por Nati Juncal Portas, percorre a vida da poeta e activista Luz Fandiño, desde o seu nacemento en Santiago de Compostela en 1931, ata o seu retorno á cidade en 1979, onde reside, despois de vivir a experiencia da emigración en Arxentina e Francia. Foi en Bos Aires onde empezou a ler e escribir en galego. Autora dos poemarios Farangulliña de neve (1998), O pracer de envellecer (2014), e Espiñas e pensamentos (2016) a escritora é unha referente para as xeracións máis novas pola súa actitude rebelde e combativa.

A película foi estreada na 35 edición de Cineuropa e proxectada na 16ª edición de la Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE). Tamén resultou finalista na categoría de Mellor documental nos XX Mestre Mateo.

0.14242720603943