O documental 'Onde máis doe' será proxectado na Sociedad La Unión de Sarria
A Sociedade Recreativa e Cultural La Unión de Sarria acolle esta tarde de domingo, a partir das 19.00 horas, a proxección do documental 'Onde máis doe' de Manane Rodríguez.
Esta iniciativa forma parte do ciclo de cine dos Mestre Mateo que está a proxectar documentais e películas ao redor de toda a xeografía galega e de forma gratuíta co fin de dar a coñecer o cine e cultura galegos.
Este documental, concretamente, é da cineasta uruguai Manane Rodríguez, unha muller afincada en Galicia que xa sacou á luz anteriormente películas de renome como 'Un conto para Olivia' e 'Migas de pan'. Neste documental, as persoas que se achegan a La Unión poderán ver a parte máis dolorosa dunha relación amorosa, que acaba en desgraza a través da violencia vicaria.