O documental 'Os Espazos en Branco' será proxectado na Sociedad Cultural La Unión

SarriaXa
Terá lugar este sábado, 19 de outubro, como parte do ciclo de cine dos Mestre Mateo
Xela-Arias
17 Out 2024

Este vindeiro sábado, 19 de outubro, proxectarase a película 'Os Espazos en Branco', de Bruno Arias na Sociedad Cultural La Unión de Sarria.

A iniciativa forma parte do ciclo de cine dos Mestre Mateo e terá lugar a partir das 19.00 horas, cando as persoas interesadas en achegarse poderán facelo e desfrutar do filme de maneira gratuíta.

'Os Espazos en Branco' é un documental baseado na vida da sarriá Xela Arias e gañou o premio a mellor documental, cuxa sinopse é "As persoas somos o que somos por quen nos inspira. Desde que nacemos, constrúen as nosas personalidades, intereses e ambicións os reflexos da xente á que admiramos, das nosas referencias. Bruno leva moito tempo cunha espiña cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviron a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo".

0.17855310440063