O Dúo Dilema actuará na festa do Entroido organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Paradela

SarriaXa
O Dúo Dilema actuará na festa do Entroido organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Paradela
Entroido Paradela
30 Xan 2023

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza para o vindeiro 11 de febreiro unha actividade para socios e non socios con motivo da celebración do Entroido.

A partir das 21.30 horas os interesados en participar poderán achegarse ao mercado gandeiro de Paradela para desfrutar de música en directo da man do grupo musical Dúo Dilema.

Ademais do baile, haberá cea, polo que o prezo ascenderá a 10 euros para os socios e de 15 euros para os que non o son.

entroido paradela
0.052345037460327