O Encontro de Punkis de Aldea de Sarria celebrarase este sábado, 4 de maio
O Encontro de Punkis de Aldea, organizado pola asociación ACDE Buril, desenvolverase este sábado, 4 de maio, no propio local da asociación en Sarria, un festival punk onde as persoas que asistan poderán escoitar música durante todo o día, cunha mestura de sons de diferentes grupos musicais de rock punk.
Así, participarán deste evento 17 grupos de música rock, heavy metal e underground para amenizar toda a xornada ás persoas que se acheguen, que deberán pagar unha entrada de 30 euros na taquilla, aínda que a entrada anticipada vale 20 euros.
Todo comezará ás 13.00 horas, co concerto de Sudor do Tractorista, ata as 13.40 horas. Pola súa parte, ás 13.50 horas será a quenda de Mugre, ata ás 14.30 horas. Logo, de 14.40 a 15.20 horas actuarán Os Eméritos e, de 15.30 a 16.10 horas, Filophóbicas.
Xa ás 16.20 Psicofenómenos darán un concerto ata as 17.00 horas, seguidos de Lixo Social, de 17.10 a 17.50 horas; e ás 18.00 horas actuará Neka, ata as 18.40 horas. Dez minutos máis tarde virán Os Rosmóns e ás 19.40 horas Gallego Común.
Empezando o solpor, ás 20.30 horas, actuará Lenincat, seguido de Overlook 237, que actuará ata as 22.00 horas e, despois, virá Manu Kaso Aparte, Menuda Txusta e Foolans, ata as 00.30 horas.
Xa de madrugada rematará o evento con Caz Acus, Lora Hace Pan e, de 02.20 a 03.00 horas, momento no que dará por finalizada a música, actuará Kondusion Kolerika.