O Encontro de Punkis de Aldea organizado polo Buril contará con 21 grupos de punk
O Buril de Sarria organiza o vindeiro 22 de abril o Encontro de Punkis de Aldea, un festival punk no que van xuntar grupos musicais e afeccionados a este estilo musical de todas os recunchos do país.
Este evento terá lugar no local do Buril, onde as persoas que asistan poderán comer e escoitar música durante todo o día, xa que o encontro está aberto a todo o público en xeral. Porén, xa quedan menos de 100 entradas para cubrir o aforo, polo que a xente que queira vir ten que darse présa para reservar, pois quedarán poucas entradas en taquilla.
Arturo Carballeira, un dos organizadores deste evento, di que o nome desta iniciativa xurdiu despois dunha noite zombie en Vigo decidiron estrear o novo local, facendo unha nova xuntanza cos seus amigos de Vigo (Vicus, aldea en latín) e "facer o xogo de palabras con Vido, de Sarria. Así, explica, o evento foi crecendo e "consolidouse como un dos maiores festivais de punk do noroeste do estado español".
Segundo comenta Carballeira, o prezo vai en pesetas "por morriña daqueles grandes concertos punks dos anos 90, onde xa daquela se pagaban mil ou dúas mil pesetas por ver un concerto".
Grupos musicais participantes
Neste evento participarán 21 grupos musicais diferentes de diferentes partes de Galicia e tamén de España que se poden ver aquí:
- Sudor do tractorista, unha banda residente do Buril, cuxos menbros son da comarca de Sarria e o estilo musical e punk ou jazz-punk.
- Os Rastreros, mítica banda de punk de Chantada.
- Bakarrá: Punk-Garaxe, que vén dende a provincia de Pontevedra.
- Psicofenomenos: Politoxicomanos eskizoides thasherss, de Vigo.
- Sin emu: Punk político dende Asturias.
- Kondusion Kolerica: Punk dende Lariño.
- Manu Kasoaparte: Punk dende Compostela.
- Sakapunktax: Punk dende Valladoliz.
- Kona ke te fixo: punk dende Bandeira.
- Chabacanos: Banda de punk-rock de Gijón.
- Noxxo: Impresentables pandereteiros punk dende A Coruña.
- Vacalouras, de Teis. V
- Disonaurios: Country-punk-surf-rock dende Murcia.
- Okeoh: Punk, rock e metal desde Galicia.
- Lixo Social: Vilapodre hardcore punk, dedde Ferrol.
- Polemika: Grupo de rock desde Asturias.
- Marela: Punk rock desde Silleda.
- Gallego Común: Música precaria para unha epoca confusa, desde O Morrazo.
- Primera Vengaza: Streetpunk Oi! Desde Barcelona.
- Leira Rock: Desbrozadores de Rock 'n' roll desde Riveira.
- Filophobicas: desde Lugo punk-rock / rock social.