O encoro de Vilasouto do Incio acolle a 6ª Proba da XIV Liga Provincial de Piragüismo

SarriaXa
A proba desenvolverase no encoro de Vilasouto a partir das 11.00 horas deste sábado, 21 de setembro
miradoiro-encoro-de-Vilasouto-O-Incio
20 sep 2024

O encoro de Vilasouto do Concello do Incio acolle este sábado, 21 de setembro, a 6ª Proba da XIV Liga Provincial de Piragüismo organizada polo club Piragüismo Cidade de Lugo e a Federación Galega de Piragüismo.

Desta maneira, o encoro de Vilasouto, unha das paraxes más recoñecidas a nivel paisaxístico do Concello do Incio, volverá ser motivo de protagonismo durante a xornada, a partir das 11.00 horas, neste caso por un motivo deportivo.

O encoro de Vilasouto tamén foi recentemente o lugar onde se celebraron propostas musicais ao seu carón como o Tremeterra Fest, que acolleu decenas de persoas afeccionadas ao soundsystem.

0.11066317558289