O Entroido de Láncara celebrarase con desfile, concurso de disfraces e 2000 euros en premios

O Entroido 2026 do Concello de Láncara celebrarase este martes, 17 de febreiro, na Praza dos Labregos da Pobra de San Xiao.
A partir das 17:00 horas, terá lugar o desfile polas rúas da localidade. Despois, o pavillón acollerá o desfile final e o concurso de disfraces, acompañado de animación musical a cargo dunha charanga.
Alí, tamén haberá inchables e propostas de animación dirixidas especialmente ao público infantil, co obxectivo de converter a tarde nun evento participativo e familiar.
O certame repartirá un total de 2000 euros en premios, reforzando así o atractivo da convocatoria e incentivando a creatividade e a participación veciñal.
O concurso de disfraces inclúe a modalidade individual infantil e adulta, para grupos de entre unha e tres persoas, así como comparsas infantís de ata 16 anos e comparsas adultas para maiores desa idade, todas elas cun mínimo de cinco integrantes. Ademais, haberá unha categoría específica para carrozas, que deberán contar con polo menos dez persoas participantes.