O Entroido de Sarria aprázase ao 25 de febreiro por mor das condicións metereolóxicas
SarriaXa
O Entroido de Sarria, que se ía celebrar esta tarde, cancélase por mor das previsións metereolóxicas, que indican ventos e chuvias durante toda a tarde, impedindo o desenvolvemento axeitado do desfile de disfraces.
11 Feb 2024

Así, o Entroido sarriao terá lugar o vindeiro domingo 25 de febreiro, día no que haberá a mesma programación que se ía desenvolver hoxe, con desfile de disfraces, dj-Tibu e entrega de premios.
Desde o Concello senten este cambio de última hora, pero explican que o bo desenvolvemento desta festa é o primordial.