O Entroido de Sarria deixou máis de dez premios no seu concurso de disfraces
O Entroido de Sarria congregou a centos de persoas nas rúas da vila, nas que os asistentes puideron desfrutar dun desfile de disfraces no que decenas de adultos e nenos, en comparsas, grupos, asociacións e parellas, competiron por conseguir ser a mellor caracterización.
Así, foron entregados os premios o domingo para cada categoría. O mellor disfrace individual en adultos foi o de Pedroche, mentres que o mellor en parella foi o de Tiovivo. O premio ao participante máis animado foi para Masterchef.
Na categoría de carrozas, o segundo premio foi para Os revoltosos e a súa arca e o terceiro premio para traballando no muro. Pola súa parte, na de comparsas, o primeiro premio fou para o disfrace Os 90 (da escola La Asunción), o segundo foi para Cos pés na terra (da escola Xela Arias) e o terceiro premio foi para Buscando o norte (do CAPD).
En canto ás comparsas de centros educativas ou asociacións, o primeiro foi para Aquellare (da Asociación Aixa), o segundo para Escolle o teu rumbo (do colexio La Merced) e o terceiro para Navegando hacia el sol.
Con respecto aos participantes de fóra da comarca de Sarria, tamén houberon premios, un para a carroza Os bichos de Lemos e outro para a comparsa O bosque encantado de Bóveda.