O Entroido de Sarria volve quedar aprazado sen data fixada debido ás previsións metereolóxicas

SarriaXa
O Entroido de Sarria cancélase por mor das previsións metereolóxicas para este domingo, 25 de febreiro, que indican ventos e chuvias durante toda a tarde, impedindo o desenvolvemento axeitado do desfile de disfraces.
22 Feb 2024

Así, o Entroido sarriao, que xa se ía desenvolver o pasado 11 de febreiro e que foi aprazado polas mesmas causas a este domingo 25, terá que esperar a unha nova data que establecerá o Goberno local.

O día que se celebre haberá a mesma programación, incluíndo desfile de disfraces, a música para amenizar o día con dj-Tibu e entrega de premios.

0.14387607574463