O Entroido do Incio celebrarase o vindeiro 1 de marzo

O Incio prepárase para celebrar o Entroido 2025 cunha xornada repleta de festa, música e tradición. O evento, organizado polo Incio C.F. coa colaboración do Concello do Incio, terá lugar o vindeiro 1 de marzo.
As actividades comezarán ás 18.00 horas cun gran desfile de comparsas, que estará animado pola charanga Era Visto. Ademais, os asistentes poderán gozar de chocolate quente, doces e participar nun concurso con premios.
A festa continuará ás 21.30 horas cunha cea e baile no multiusos, onde se reunirán veciños e visitantes para compartir unha noite de lecer.
Desde a organización do evento anímase a celebrar por todo o alto esta festividade tradicional, convidando a toda a veciñanza e visitantes a desfrutar dunha xornada inesquecible de Entroido.