O Entroido encherá O Incio de música e festa cunha dobre cita na praza e no Multiusos

SarriaXa
A xornada do 14 de febreiro combina tardeo popular e cea con baile para todos os públicos
Entroido-O-Incio
5 Feb 2026

O concello do Incio celebrará o Entroido o vindeiro 14 de febreiro cunha xornada festiva pensada para todos os públicos que combinará actividades ao aire libre e unha cea popular para pechar o día.

A programación dará comezo ás 18:00 horas cun tardeo na praza, no que non faltarán a música, o chocolate, os doces e diferentes premios, creando un ambiente festivo e participativo para veciñanza e visitantes.

A celebración continuará a partir das 21:30 horas cunha cea e baile no edificio Multiusos, converténdose no punto de encontro para prolongar a festa durante a noite.

⚙ Configurar cookies
0.077872037887573