O equipo benxamín da AC Taekwondo de Sarria acadou unha medalla de bronce no Campionato Galego Escolar de Poomsae

SarriaXa
O equipo benxamín da AC Taekwondo de Sarria conseguiu unha medalla de bronce no Campionato Galego Escolar de Poomsae en idade escolar, concretamente para o equipo de Mateo Pontón, Gael Goyanes e Anxo Teijeiro.
Campeonato Galego Escolar 2024 AC Taekwondo Sarria
30 Abr 2024

O equipo benxamín da AC Taekwondo de Sarria conseguiu unha medalla de bronce no Campionato Galego Escolar de Poomsae en idade escolar, concretamente para o equipo de Mateo Pontón, Gael Goyanes e Anxo Teijeiro.

Ademais, outros alumnos e alumnas acudiron á cita, aínda que non gañaran medalla, que foron: Olivia Gallent, Ginés Díaz, Clara Argiz, Dani Montes, Noel Préstamo, Dani Rivas, Alma de Sousa, Claudia Fernández, Carla Rodríguez, Martín Varela, Maëlys Veiga, Christopher Marcano, Pablo Ferreira, Izan Arias, Mauro García, Lucas Díaz e Martín López.

Álex Losada, o adestrador e promotor da AC Taekwondo de Sarria sostén que están "moi contentos con este súper equipo que segue crecendo e logrando os obxectivos establecidos para este ano, o cal é facer que os nenos gocen deste novo deporte en Sarria e que aprendan en que consiste a competición e vivencien na súa propia persoa o significado da competición e o que implica", explicou.

0.16623997688293