O equipo de dardos Santas do Páramo clasificouse para o Campionato Internacional de Dardos

SarriaXa
O equipo de dardos Santas do Páramo clasificouse para o Campionato Internacional de Dardos que terá lugar en Andorra
Equipo dardos O Páramo
Equipo dardos O Páramo
5 Maio 2023

Un equipo de dardos de O Páramo clasificouse para o Campionato Internacional de dardos de Andorra, despois de conseguir ser campións da liga presencial de Lugo 2023, no nivel 3.

O equipo Santas, formado por Miguel, José, Alejandro e Verónica; viaxará os días 3, 4 e 5 de novembro a Andorra xunto con outros tres equipos galegos, O Molino de Monterroso, no nivel 1; os Monotécnicos da politécnica, no nivel 2, e o Clube de Dardos Tres Monos, no nivel 2.

Desde o equipo queren agradecer ao propietario do Bar Santas, local no que se xogaba a liga de dardos, por acoller a final da liga, na que "gañamos todas menos unha", sostén Miguel, do equipo, que leva 13 anos xogando aos dardos.

0.082813024520874