O equipo de fútbol do Páramo confirma diversas renovacións no seu cadro de xogadores

A SD O Páramo anuncia diversas novidades con respecto á seguinte tempada, que xa está preparando.
Así, confirma a renovación do capitán Borja Fernández, que sumará así a súa 15ª tempada no equipo. Tamén repiten Marquitos e Diego Reija, os porteiros que seguirán defendendo a meta do equipo.
Pola súa parte, anunciaron que volve ao equipo Dani López, xa que é xogador da casa e militou no equipo nas tempadas de 2021/2022 e na de 2022/2023, pero nesta xogou na base da SD Sarriana e agora volve ao equipo.
Finalmente, confirmaron que Hugo Fontal seguirá ligado á SD O Páramo como capitán, mentres que tamén o fará Miguel Ares, un dos pilares defensivos do equipo.