O equipo feminino Casa Barbadelo CB Sarria disputará as fases finais do Campionato Galego Preinfantil este sábado
SarriaXa
O equipo feminino Casa Barbadelo CB Sarria disputará as fases finais do Campionato Galego Preinfantil este sábado
5 Maio 2023
Este sábado o equipo feminino Casa Barbadelo CB Sarria desprazarase ata Culleredo, no pavillón O Burgo, para xogar as Fases Finais para conseguir o Campionato Galego na categoría PreInfantil.
Así, o primeiro enfrontamento terá lugar ás 10.00 horas entre o Trumacor Culleredo PIF contra o Adega Santa Minia CB Brión e o seguinte ás 12.00 horas, do Casa Barbadelo CB Sarria contra o Basquet Coruña Leyma U13.
Así, xa ás 17.00 horas enfrontaranse na semifinal o 3º e 4º clasificado, gañadores dos partidos disputados pola mañá. A final entre os dous equipos gañadores terá lugar ás 19.30 horas e será retransmitido na canle de Youtube de Vía Fegaba TV, polo que se as sarriás chegan á final, calquera veciño poderá velas en directo desde a súa casa.