O equipo infantil feminino do CB Sarria ascende á Liga Galega

SarriaXa
O club agradece a Miguel Ángel Hoyo a súa dedicación, ás xogadoras polo seu compromiso e ás familias polo seu constante apoio neste camiño
equipo-infantil-feminino-Maderas-Grandas-CB-Sarria
13 Jan 2025

O Club Baloncesto Sarria celebra un logro histórico co ascenso do equipo infantil feminino Maderas Grandas á Liga Galega tras a súa destacada actuación en Marín. Baixo a dirección de Miguel Ángel Hoyo, este equipo demostrou o seu talento e esforzo ao longo de toda a tempada.

O equipo está formado por Sara Gabriela, Helena Boo, Jimena Trevijano, Noa Bellas, Alicia Poyatos, Andrea Vázquez, Abril Saa, María Grandas, Uriel Gutiérrez, Ainhoa Rodríguez e Sheila Vázquez, que traballaron conxuntamente para acadar este importante obxectivo.

O club agradece a Miguel Ángel Hoyo a súa dedicación, ás xogadoras polo seu compromiso e ás familias polo seu constante apoio neste camiño. Este ascenso é froito do esforzo colectivo de todas as persoas implicadas.

0.13931798934937