O equipo Kung Fu Láncara pon en pausa a súa actividade tras a disolución da ANPA

SarriaXa
Como di o Mestre Nunes, -nada permanece salvo o propio cambio-; a ANPA do C.P.I. Ramón Piñeiro disolveuse e comezou a constituirse unha nova e distinta asociación
Kung-Fu-Láncara
23 Sep 2025

Despois de catorce anos e de ver medrar a varias xeracións de nenos e nenas, o grupo de Kung Fu Láncara vese na obriga de fechar un ciclo que daba seus primeiros pasos no ano 2011, con alumnos como Roi Pérez, múltple campión galego de Wu Shu e dobre campión de España na modalidade de Qing Da.

Até o curso 2023 - 2024, como Wu Shu “Artes Marciais Chinesas”, disciplina asociada da Real Federación Española de Judo, aínda visibles os seus traballos na antiga canle de You Tube “Wu Shu Láncara” a disciplina ofertouse a través das Escolas Deportivas Municipais de Láncara.

Seguidamente, a actividade mantívose a través da ANPA C.P.I. Ramón Piñeiro, quen contratou directamente aos monitores das súas actvidades. Foi neste momento en que o Mestre, José M. Nunes, pasouse aoKung Fu como disciplina asociada da Real Federación Española de Karate, federación na que continúa, a través de Artes Marciais Orientais da Mariña e do Dojo Bushido, refente a nivel europeo polos seus cursos con mestres nativos de reputación mundial, tanto en Kung Fu como noutras disciplinas marciais.

Finalmente, como di o Mestre Nunes, -nada permanece salvo o propio cambio-; a ANPA do C.P.I. Ramón Piñeiro disolveuse e comezou a constituirse unha nova e distinta asociación, Pícaros C.P.I. Ramón Piñeiro. Pero, debido a que está arrincando desde cero, aínda non conta con recursos como para poder contratar aos monitores e, segundo indica José M. Nunes, a través da asoción Pícaros só é posible impartir a activdade estando de alta como autónomo ou estando baixo contrato dun ximnasio ou club deportivo.

Apunta a que, como non se adica profisionalmente a isto, a alta e as condicións de autónomo, aínda na tarifa menos esixente, saería a poñer diñeiro. O mesmo acontece coa posibilidade de formalizar un contrato cun ximnasio ou club para impartir esta actividade, sendo antieconómica a contratación para o ximnasio ou club. Ante estas circunstancias, o Mestre Nunes, contando co apoio da federación nacional, necesario polo seguro médico deportivo das licenzas federativas, ofreceu a posibilidade de manter a actividade sen ánimo de lucro en tanto fose necesario.

Porén, a asociación Pícaros C.P.I. Ramón Piñeiro comunicoulle a imposibilidade de xestionar a actividade por esa vía, o que constitúe, segundo o Mestre Nunes, -o peche dun ciclo, pero non un adeus, senón un “até pronto”-.

Atópase actualmente opositando ao corpo da Administración Xeral do Estado, á espera de sacar praza, para poder continuar ca ilusión da súa infancia, ensinar Kung Fu na súa localidade natal.

Posto que a asociación Pícaros do C.P.I. Ramón Piñeiro xa tiña publicitada a disciplina de Kung Fu e ante a imposibilidade de impartila o Mestre Nunes, chegou a un acordo co profesorado do club Kung Fu Lugo, antigo Di Som Lugo, entidade na que o propio Mestre Nunes deu seus primeiros pasos de neno, até que foi seducido polos etilos de Kung Fu chinés como o Nan Quan, o Wing Chun, o Tang Lang Quan e o Shuai Jiao, entre outros. Nas súas palabras: "Di Som foi meu primeiro contacto coas artes marciais e iso, evidentemente, é algo especial".

A pesar desta pausa, desde Kung Fu Láncara subliñan que manteñen unha boa relación coa nova asociación e mostran a súa disposición a colaborar con Pícaros nos proxectos culturais que poñan en marcha no futuro.

⚙ Configurar cookies
0.095692873001099