O equipo Restaurante Río Loyo de Paradela gañou o V Torneo Fútbol Sala Oural 2024
O V Torneo Fútbol Sala Oural 2024, que se desenvolveu esta fin de semana á par que as Festas do Oural polo Traballo, deixou diversos premios nos equipos participantes que formaron parte do evento que se celebrou no pavillón do Oural.
Así, o campión absoluto de dito torneo de fútbol sala foi o equipo Restaurante Río Loyo de Paradela, quedando como subcampión o equipo de Bazar Jardón, do Oural.
Xa como terceiro clasificado quedou A Lareira de Sarria, mentres que o cuarto premiado foi Taberna Orixen de Sarria. Ademais, tamén levou premio o mellor xogador, que foi Jonhy da Lareira e o mellor porteiro, que foi Kike, tamén da Lareira.
Así, os premios foron: para o equipo campión, 800 euros e trofeo; para o equipo subcampión, 400 euros e trofeo; para o terceiro e cuarto 120 euros e trofeo, e o campión consolación 120 euros.