O equipo Puebla Futsal fixo entrega do recollido na súa Campaña de solidariedade con Ucraína
Membros da Directiva, Corpo Técnico e Xogadores do Puebla Futsal fixeron entrega á Comunidade Ucraína de Lugo dos alimentos, medicinas, roupa, etc, recollidos dentro da Campaña de Solidariedade con Ucraína , promovida Polo equipo Senior de Fútbol Sala da Primeira Autonómica Galega, Puebla Futsal.
A recollida fíxose os pasados días durante o transcurso de dúas xornadas de Liga disputadas no Pavillón Municipal da Pobra de San Xiao (Láncara), e onde todos os asistentes que facían algunha doazón participaban no sorteo dunha bufanda e unha camiseta firmada polos xogadores e corpo técnico.
Do mesmo xeito en colaboración co Club, tamén se facía recollida nos locais Café Bar Avenida, Comercial Luseiro y Efer Galicia.
Dende o Puebla Futsal queren dar as grazas a todas aquelas persoas que participaron dalgún xeito nesta Campaña así coma ó Concello de Láncara pola sua colaboración para o transporte de todo o recollido ata a sede da Comunidade Ucraína de Lugo.