O equipo xuvenil da SD Sarriana que conseguiu ascender á Liga Galega foi recibido polo goberno local

SarriaXa
O equipo xuvenil da SD Sarriana que conseguiu ascender á Liga Galega foi recibido polo goberno local de Sarria
Sarriana Concello de Sarria
5 Abr 2023

O goberno local de Sarria recibiu ao equipo xuvenil da SD Sarriana na Casa do Concello despois do ascenso que acadaron a pasada fin de semana contra a Piringalla.

Así, tanto o alcalde, Claudio Garrido, como o concelleiro de Deportes, Félix Seijas, falaron con campións e recoñeceron a súa valía por conseguir este éxito deportivo e o ansiado ascenso á Liga Galega.

Desde o goberno local de Sarria desexan que este sexa o preludio de moitos máis éxitos para o club de fútbol SD Sarriana.

0.036553144454956