O Esmorga Fest celebra o seu décimo aniversario con dous días de música en Sarria

SarriaXa
O festival cumpre dez anos cun cartel cheo de nomes imprescindibles da escena alternativa
Esmorga-Fest-Sarria
8 Aug 2025

O Esmorga Fest regresa a Sarria os días 17 e 18 de outubro para celebrar o seu décimo aniversario cun cartel cheo de nomes destacados da escena alternativa estatal e internacional.

Entre os grupos xa confirmados para esta edición destacan Anabel Lee, Bum Motion Club, Joe Crepúsculo, EzezeZ, La Habitación Roja e Las Dianas. A esta lista súmanse tamén Mujeres, Oh Hiroshima, Parquesvr e Viva Belgrado, consolidando un cartel diverso que mestura pop, rock, electrónica e sons máis experimentais.

O festival, xa consolidado como unha cita imprescindible para os amantes da música independente en Galicia, converterá unha vez máis a vila de Sarria nun punto de encontro para festivaleiros de dentro e fóra do país.

⚙ Configurar cookies
0.14788699150085