O Esmorga Fest de Sarria foi presentado na Delegación Territorial de Lugo da Xunta

SarriaXa
O delegado territorial, Javier Arias, destacou “o pulo que está a experimentar o Esmorga Fest nos circuítos de música independente”
Xunta-co-Esmorga-Fest-de-Sarria
15 Out 2024

A Delegación Territorial de Lugo acolleu a presentación do Esmorga Fest, que se celebrará en Sarria os días 25 e 26 de outubro e do que a Xunta é a principal patrocinadora, así como o é o Concello de Sarria e a Deputación de Lugo.

Na presentación participaron o delegado territorial, Javier Arias, así como Jose Castro, Diego García e Juan Padín, en nome da organización.

Arias destacou “o pulo que está a experimentar o Esmorga Fest nos circuítos de música independente”, confirmando para esta novena edición a algúns dos artistas de máis proxección do panorama nacional e internacional.

Suman en total unha vintena de concertos que se desenvolverán na sala Litmar e na sede da sociedade La Unión, neste caso só o sábado e con acceso gratuíto.

As entradas para a sala Litmar poden adquirirse na páxina web do festival, e entre os artistas que pasarán por Sarria figuran os canadienses Ghostwoman ou os portugueses Maquina, xunto a bandas nacionais consolidadas como Triángulo de amor bizarro.

0.18118596076965