O Esmorga Fest de Sarria xa conta con nova data de celebración
O festival celebrarase en Sarria os días 1 e 2 de abril. No ano 2020 a cita cancelouse tan só un día antes da súa celebración e, o ano pasado, tivo lugar o 24 de xullo sendo un evento totalmente gratuíto. Nesta cita os veciños puideron desfrutar das actuacións de Niña Coyote eta Chico Tornado, Holywater, Depresión Sonora e Monteperdido.
Xa se poden adquirir as entradas para esta nova edición que suma un día na súa celebración. As primeiras 50 entradas terán un prezo reducido de 25 euros, as 200 seguintes estarán a 30 euros e cando rematen estas que contan con promoción o custe de entrada será de 35 euros si se colle anticipada e de 40 en despacho de billetes.
Un aniversario fora de control foi o incio do Esmorga Fest. Tras varios anos celebrándoo programando concertos de bandas como Holywater, Disco As Palmeiras, Maryland, Unicornibot… e as inquedanzas dos organizadores fai que den o salto e decidan crear o festival que coñecemos hoxe en día.
O festival independente de música alternativa aínda non confirmou os artistas que formarán o cartel da edición deste ano 2022.