O Esmorga Fest presenta os horarios nos que actuará cada artista e grupo musical no seu festival

SarriaXa
O Esmorga Fest presenta os horarios nos que actuará cada artista e grupo musical no seu festival da semana que vén
sarria esmorga fest
10 May 2023

Queda menos pouco máis dunha semana para que chegue un dos eventos culturais máis esperados do ano para os sarriaos e sarriás, o Esmorga Fest, que vén de presentar todos os horarios nos que van actuar os diferentes grupos musicais.

Despois de ter que cancelar a súa edición deste ano por "falta de apoio por parte do Concello de Sarria" -como denunciaron no seu día, e situación á que se suman outros organizadores de festivais musicais en Sarria, como os do Festival Ribela Nature&Love- e conseguir, finalmente, poder organizar este evento coa axuda e colaboración da Deputación de Lugo; os vindeiros 19 e 20 de maio dezanove artistas e grupos actuarán en Sarria.

Así, no cartel final que xa se presentou a finais de abril, agora sumáronlle os horarios nos que van ter lugar cada unha das actuacións.

Horarios

O venres, 19 de maio, abriranse as portas do escenario SON Estrella Galicia "Sala Litmar" ás 20.30 horas para dar paso, ás 21.00 horas á actuación de Víbora. Unha hora máis tarde será a quenda de First Breath After Coma, ás 22.00 horas, que durará unha hora e vinte, ata ás 23.20 horas, cando dará un concerto Toundra.

Xa de madrugada, ás 00.40 horas, La Plata actuará ata a 01.50 horas, cando será VVV quen siga poñendo a música. Xa ás 02.55 horas, Pálida subirá ao escenario ata as 04.25, cando John Axiom pechará as actuacións do primeiro día de festival.

Para o sábado, o día comezará ás 13.30 horas coa actuación de Gonzalo no Escenario #Vicedepu "La Union", onde tamén actuará Charanga ás 16.00 horas, Ghouljaboy ás 17.10 horas, Castro ás 18.20 horas e Grande Amore ás 19.10 horas.

Despois, a festa pasara ao escenario principal a partir das 20.30 horas, momento no que se abrirán as portas da "Sala Litmar", que acollerá a actuación de The Parrots, ás 21.00 horas; a de Last Days of April, ás 22.05 horas; e a de bdrmm ás 23.15 horas.

Para terminar a xornada, xa de madrugada, serán Los punsetes quen actúen ás 00.30 horas, dando paso a Yawners ás 01.45 horas, a Lagoon ás 02.40 horas e a Cora Novoa ás 03.50 horas, que despedirá o festival ata o ano que vén.

Cartel Esmorga Fest
0.068812131881714