O Esmorga Fest volta a Sarria o 24 de xullo
SarriaXa
Segundo explican desde a asociación cultural EsmorgArt, será unha edición gratuíta e para un aforo reducido.
15 Apr 2021
O festival de música independente Esmorga Fest xa ten data de volta. Despois de ter que suspender a edición do ano pasado pola covid, a organización confirmaba hoxe que Sarria acollerá de novo este festival, o sábado 24 de xullo.
A edición deste ano contará coa participación dos grupos Niña Coyote eta Chico Tornado, Holywater, Depresión Sonora e Monteperdido.
Segundo explican desde a asociación cultural EsmorgArt, será unha edición gratuíta e para un aforo reducido. Nos vindeiros días darán a coñecer o procedemento a seguir para a petición das entradas.
O festival está promovido polo Concello de Sarria e a área de Cultura da Deputación de Lugo.