O espectáculo A historia de Martín chega a Sarria
A praza da vila de Sarria acolle o vindeiro domingo 19 de agosto o espectáculo de teatro infantil A historia de Martín, que vén a cargo da compañía Animar-T.
Neste contacontos fálase da hiperactividade infantil e das formas de ensinanza antiguas, deixando paso as novas formas de aprendizaxe do futuro: o ciberespazo. Tamén se fala da capacidade de cambiar o mundo a través dun mesmo e da exaltación dos valores humanos. Todo isto vén a través de dúas armas: o humor e o teatro musical.
Un espectáculo no que se busca a interacción cos máis pequenos, así coma o repaso de conceptos e materias relacionadas coa xeografía, as ciencias, as mates, etc.
A obra realizarase o domingo ás 12 horas e está dirixida a un público infantil. Así mesmo, levaranse a cabo as medidas sanitarias necesarias.