O espectáculo musical Ris Ras hoxe en Triacastela
Baobab Teatro representará esta mañá un espectáculo musical para nenos de 1 a 8 anos no Concello de Triacastela ao abeiro da programación de Nadal para os veciños da zona.
O espectáculo Ris Ras dará comezo ás 11.00 horas na praza Deputación baixo a carpa.
BAOBAB TEATRO
É unha compaía de teatro que aposta polo teatro infantil de calidade. Traballan cun compromiso claro coa infacia e por iso cada proxecto é un novo reto que afrontan con ilusión e moito agarimo coidando dende o principio ata o máis mínimo detalle. Apostan por espectáculos para emocionar, cargados dunha forte poética e sinxeleza. O grupo está formado por Óscar Ferreira e Andrea Bayer.
SINOPSE
Contan que contan as avoas da miña terra que a única noite, ou o único día, que Catarina e Lourenzo víronse, foi tan forte o seu amor que del naceu un trasgo que enreda noite e día coas súas faenas e a súa enerxía. O espectáculo para público infantil e familiar Ris Nivel, da recoñecida compañía Baobab Teatro, está pensado para nenos e nenas de 1 a 8 anos e dálle continuidade a Puño, puñete, unha proposta que formou parte, con notable éxito, no Nadal en Rede de 2018. Parte das leas e enredos da nosa tradición oral para facer unha viaxe a través da música, dos xogos e das historias.