O espectáculo musical Ris Ras terá lugar o 29 en Triacastela

SarriaXa
La compañía Baobab Teatro representará el espectáculo musical Ris Ras en Triacastela el día 29 de diciembre.
Cartel Ris Ras XUNTA 29 12 (1)
22 Dec 2021

Baobab Teatro representará o próximo mércores 29 de decembro un espectáculo musical para nenos de 1 a 8 anos no Concello de Triacastela ao abeiro da programación de Nadal para os veciños da zona.

O espectáculo Ris Ras comezará ás 11.00 horas na praza Deputación baixo a carpa.

BAOBAB TEATRO
É unha compaía de teatro que aposta polo teatro infantil de calidade. Traballan cun compromiso claro coa infacia e por iso cada proxecto é un novo reto que afrontan con ilusión e moito agarimo coidando dende o principio ata o máis mínimo detalle. Apostan por espectáculos para emocionar, cargados dunha forte poética e sinxeleza. O grupo está formado por Óscar Ferreira e Andrea Bayer.

SINOPSE
Contan que contan as avoas da miña terra que a única noite, ou o único día, que Catarina e Lourenzo víronse, foi tan forte o seu amor que del naceu un trasgo que enreda noite e día coas súas faenas e a súa enerxía. O espectáculo para público infantil e familiar Ris Nivel, da recoñecida compañía Baobab Teatro, está pensado para nenos e nenas de 1 a 8 anos e dálle continuidade a Puño, puñete, unha proposta que formou parte, con notable éxito, no Nadal en Rede de 2018. Parte das leas e enredos da nosa tradición oral para facer unha viaxe a través da música, dos xogos e das historias.

Cartel Ris Ras XUNTA 29 12 (1)
0.16947412490845