O espectáculo Sentido Común chega a Sarria

SarriaXa
A praza da vila do Concello de Sarria acolle este sábado 5 de xuño ás 19 horas, o espectáculo Sentido común.
sentido comun probra brollon
4 Jun 2021

A praza da vila do Concello de Sarria acolle este sábado 5 de xuño ás 19 horas, o espectáculo Sentido común.

Con Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde como protagonistas, o que pretende esta narración é recuperar e lembrar que o común é o que fai grande o mundo. Por iso, consideran necesario que non se esqueza a memoria de toda a xente porque todos temos algo que contar xa que "nós somos as comúns".

O espectáculo está dirixido a un público xuvenil-adulto e, no caso de que chova, a actividade trasladarase á Casa da Cultura. A duración é de 75-90 minutos e está organizado por Tarabela Creativa.

Sentido comun
0.13714814186096