O estado dun camiño de gando na parroquia de Vilanova de Sarria provoca malestar nos veciños

SarriaXa
O estado dun camiño de gando na parroquia de Vilanova de Sarria provoca malestar nos veciños
Camiño Sarria mal estado
27 Xan 2023

Algúns veciños de Sarria quéixanse do estado dun camiño para paso de gando na parroquia de Vilanova, en San Vicente de Froián.

Os habitantes da parroquia explican que é un camiño agrícola no que adoita haber paso de animais e maquinaria e que estaba en malas condicións debido ao temporal, que provocou que a terra se convertera en barro.

Así, din que a forma de arreglar o camiño foi "botarlle pedra moi gorda, o que dificulta da mesma maneira o paso do gando" e cren que "sería ideal" botarlle unha zahorra ou grava máis fina, xa que as vacas, declaran, "ao pasar por riba destes grandes coios, poden mancarse, a parte de que lles é moi molesto".

Piden así unha resposta por parte do Concello de Sarria, que ademais, argumentan, "só cubriu a parte final do camiño", deixando o resto como estaba.

Camiño Sarria mal estado
0.17418217658997