O festival A Verbena comezará cun concerto gratuíto no Paseo do Malecón de Sarria
SarriaXa
O festival A Verbena, organizado pola terraza do Meigallo no Concello de Sarria, comeza este sábado 16 de xullo cun concerto
12 Jul 2022
O festival A Verbena, organizado pola terraza do Meigallo no Concello de Sarria, comeza este sábado 16 de xullo cun concerto gratuíto no Paseo do Malecón.
Nesta cita musical o sábado 16 de xullo actuarán bandas como Belako, Sex Museum, Sexy Zebras, Jardín de la Croix, Mad Mission, Fonkid, Anarchicks e El Chico López.
Na xornada do venres polo momento están confirmados Le Temps du Loup, Cool Flanders e Lois Music Archeology,
Aínda que para o festival compre mercar a entrada, poderase desfrutar da música de Anarchicks o sábado 16 de xullo ás 13.00 horas cun concerto gratuíto no Paseo do Malecón.