O festival Esmorga Fest despídese "triste e decepcionado", pero "coa conciencia tranquila"

SarriaXa
O festival de música Esmorga Fest que se celebraba cada ano en Sarria no mes de abril despídese cunha emotiva carta nas súas redes sociais.
18 Jan 2023

O festival de música Esmorga Fest que se celebraba cada ano en Sarria no mes de abril despídese cunha emotiva carta nas súas redes sociais.

Nela, din que se van "tristes e decepcionados" porque non querían deixar de organizar o festival nin querían que "este fora o final para Esmorga Fest", pero é unha decisión que teñen que tomar porque "en ningún momento" se viron "respaldados economicamente" para sacar adiante outra edición do festival.

Aínda así, din estar "coa conciencia tranquila e orgullosos do proxecto", así como "tremendamente agradecidos" a todas as persoas que lles axudaron a "colocar a Sarria no mapa da música alternativa nacional".

"Este proxecto foi levado a cabo con empresas e persoal exclusivamente sarriao e no que trouxemos ás nosa vila as mellores bandas independentes a nivel estatal".

Recordaron así que lograron récords de cifras en Sarria en canto a diñeiro recadado e afluencia de asistencia. "Na última edición o público deixou no municipio 196.000 euros en dous días, máis todos os empregos que xerou o festival", defenderon.

Ademais, expuxeron que durante os oito anos que promoveron a celebración deste evento, traballaron de forma altruista, "dedicándolle cents de ghoras e arriscando diñeiro para o benegicio de Sarria".

Tamén agraderon aos patrocinadores do festival o apoio económico, a todo o equipo Esmorga e ás persoas que desfrutaron do festival.

O goberno local lamenta que non se volva festexar o Esmorga Fest

A concelleira de Cultura, Reyes Abella, lamentou a decisión dos promotores do Esmorga Fest de renunciar á organización da vindeira edición do festival e resaltou o apoio e colaboración brindado polo goberno local nas últimas edicións.

Por outra banda, cuestionou a "escasa colaboración" das administracións autonómica e provincial para posibilitar a súa continuidade, xa que, segundo a información recibida, "unha delas non cumpriu cos compromisos adquiridos e outra acumula retrasos nos pagamentos".

Tamén xustificou á Concellería de Cultura, dicindo que "sempre lles trasladamos aos organizadores a nosa predisposición a incrementar algo a aportación económica do concello, pero sempre dentro dunha lóxica, xa que sería inasumible esgotar nun só evento gran parte do orzamento anual para a organización das actividades culturais", argumentou a edil.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16553783416748