O Festival Napalm Fest organizado pola Asociación O Buril ACDE terá lugar o 19 de outubro

SarriaXa
Cinco son as bandas de música de rock e metal que actuarán durante a xornada, que comezará ás 20.00 horas
buril-napalm-fest
1 Out 2024

O vindeiro 19 de outubro, Sarria acollerá o Festival Napalm Fest organizado pola Asociación O Buril ACDE, que achegará grandes artistas do panorama musical do rock á vila sarriá.

As bandas de música que participarán desta iniciativa son Skull Harvest, de death’n’roll provenientes de Alemaña; Barbarian Prophecies, banda de death metal de Lugo; Host, grupo de death groove de Ferrol; Depths Of Stygia, banda de death metal de Valladolid; e Schwarzenegger, banda de death prog de Ferrol.

Todas as persoas interesadas en desfrutar desta iniciativa, poderán facelo o vindeiro 19 de outubro achegándose ao local do Buril a partir das 20.00 horas e pagar unha entrada de 10 euros.

0.17101001739502